Limpeza no paseo fluvial de Ponte Caldelas

Foron recollidas cinco bolsas de lixo no tramo dun quilómetro
O alcalde de Ponte Caldelas e parte do equipo do Goberno nas tarefas de limpeza do río Verdugo. DP
photo_camera O alcalde de Ponte Caldelas e parte do equipo do Goberno nas tarefas de limpeza do río Verdugo. DP
O alcalde de Ponte Caldelas e parte do equipo de Goberno fixeron este domingo unha actividade de descontaminación dun tramo de máis de un quilómetro no río Verdugo. O alcalde amosou a súa sorpresa cando, ao remate, contabilizaron cinco bolsas de lixo con plásticos, máscaras e latas e pide responsabilidade aos usuarios do entorno fluvial.

Comentarios