Domingo. 23.09.2018 |
El tiempo
Domingo. 23.09.2018
El tiempo

Un lume afecta á cociña dunha taberna en Campo Lameiro

O local está situado no lugar do Couso

O 112 informou na mañá deste mércores dun lume rexistrado na cociña dunha taberna situada no lugar do Couso, no concello pontevedrés de Campo Lameiro.

Foi un veciño quen deu a voz de alarma ás 23:40 horas do martes mediante unha chamada ao 112.

Desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia pediuse a colaboración dos Bombeiros do Salnés e Pontevedra, así como dos membros do  GES da Estrada.

Finalmente, as chamas afectaron á cociña da taberna sen que se rexistrasen danos persoais.

Un lume afecta á cociña dunha taberna en Campo Lameiro