Medida exemplarizante cos menores que pintaron os baños públicos en Poio

El baño de Combarro, con las pintadas y después. DP
photo_camera O baño de Combarro, coas pintadas e xa limpo. DP

Os pais dos menores que foron pillados pola Policía de Poio realizando pintadas nos baños de Francisco Regalado, en Combarro, aceptaron que eles fosen encargados de limpalos.

Un par de axentes pilláronos e retiráronlles os sprays, pero as instalacións xa estaban cheas de pintadas.

Unha vez comunicada a situación aos pais, estes aceptaron que os seus fillos limpasen as pintadas, como medida reeducativa e para resarcir os danos. A Policía agradece a receptividade e cooperación dos proxenitores.

Comentarios