A mellora dun cruce da N-550 en Barro suporá retencións no vial desde o luns

Os traballos que se inician contarán con un orzamento de case 91.5000 euros
BARRO
photo_camera A zona na que se intervirá, no centro do municipio. J. CERVERA

Cambios na circulación pola estrada N-550 á altura do núcleo urbano de Barro a partir da semana entrante. Así o anunciou o Concello no seu perfil oficial nas redes sociais, no que se explica que pode haber retencións e alteracións desde o luns por mor do inicio duns traballos de mellora no cruce entre a estrada Areal e a estrada nacional.

O Ministerio de Transportes, Movilidad y Agenda Urbana (Mitma) formalizou o pasado mes de xuño, por un importe de 91.431,64 euros, o contrato de obras denominado Adecuación de intersección en San Antoniño. N-550. km 107,230 no núcleo urbano de Barro.

Con esta actuación a estrada mellora a súa sección transversal, xa que se disporán carrís centrais e se habilitará un lugar para realizar cambios de sentido, coa conseguinte mellora na seguridade viaria.

Esta intervención foi longamente demandada polos veciños e o Goberno local.

Comentarios