O Mexillón de Combarro xa ardeu, pero o Entroido de Poio segue cheo de citas

A Asociación de Veciños de Campelo ofrece este sábado unha festa e Lourido enterrará ao berberecho o día 6
A queima do Mexillón e unha das comparsas que actuaron este venres. GONZALO GARCÍA
photo_camera A queima do Mexillón e unha das comparsas que actuaron este venres. GONZALO GARCÍA

A sede da Comunidade de Montes Rega dos Agros foi o punto de partida do acto de despedida do Mexillón de Combarro, este pasado venres. A queima do bivalvo é un dos elementos da programación de Entroido do Concello de Poio específicos para as parroquias. O evento comezou a partires das 17.30 horas, con unha festa infantil.

A comitiva fúnebre formouse posteriormente, sobre as 20.30 horas, momento no que se deu a saída do enterro, organizado polo Ateneo Corredoira. O inicio do percorrido da comitiva fúnebre foi na zona do porto da Canteira e esta avanzou pola fachada marítima ata chegar á Praza da Chousa, onde tivo lugar a incineración.

As comparsas Os 100tolos e o Grupo de Entroido Samieira foron os encargados de animar este percorrido luctuoso no que non faltou a diversión.

A seguinte cita será este sábado, no local social da Asociación de Veciños de Campelo cunha festa infantil, desde as 17.00 horas. O 6 de marzo, Lourido acollerá o Enterro do Berberecho (20.30 horas), con outra festa para os rapaces (19.00 horas). A Asociación de Veciños ofrecerá chocolatada e churros, ademais de premios aos mellores disfraces individuais e de parellas. A queima do Galo Fodorico Agusto Bastante será o 7 de marzo ás 20.00 horas e a do Galo Bruxo de Samieira o día 14 á mesma hora. O Entroido despedirase o día 15 co concurso de comparsas de Campelo.

Comentarios