Miguel Bello pon voz ao último 'pasarrúas viral' da Banda de Música de Vilaboa

Vídeo de la Banda de Música de Vilaboa. YOUTUBE
photo_camera Vídeo da Banda de Música de Vilaboa. YOUTUBE

A Banda de Música de Vilaboa acaba de estrear o seu novo traballo gravado polo sistema de multipantalla e coa colaboración de Miguel Bello, cantante de rock lucense, que se prestou a poñer voz a unha particular versión de Smoke on the water, de Deep Purple, a cargo de todos os compoñentes desta formación.

Aínda que o vídeo se estreou este domingo nas plataformas dixitais da banda de música (https://youtu.be/UJolfP99J8c) trátase dun traballo que se xestou durante meses, con ensaios e implicación persoal de cada integrante desta banda escola vilaboesa.

Deste xeito, a proposta do director, Daniel Figueira, saíu adiante como resposta á suspensión das clases presenciais que tivo lugar durante as restricións impostas con motivo do aumento de contaxios de covid-19 durante os primeiros meses do ano, por mor da terceira onda da pandemia.

A Banda traballou durante semanas de modo telemático e a proposta dun tema de rock serviu para motivar uns alumnos e alumnas que están a desexar recuperar a normalidade e poder realizar pasarrúas reais por todas as parroquias de Vilaboa.

Comentarios