domingo. 28.02.2021 |
El tiempo
domingo. 28.02.2021
El tiempo

Poio recuerda al que fue su concejal al cumplirse 10 años de su trágica muerte

Un momento do encontro, no que membros do BNG e do sector do mar arrouparon á familia do concelleiro. RAFA FARIÑA
Un momento do encontro, no que membros do BNG e do sector do mar arrouparon á familia do concelleiro. RAFA FARIÑA
O BNG enxalza as achegas do concelleiro de deportes e presidente da Cofradía de San Telmo falecido hai unha década

Dez anos son poucos para apagar a memoria, e menos, se nesa memoria pervive o legado dunha persoa cuxa existencia se veu tronzada prematuramente pola morte. Sucede sempre, e no caso de Miguel Anxo Pazos Barros (Poio, 1969-2009), o concelleiro do Goberno local, presidente da Confraría de San Telmo e membro do BNG, vense demostrando que o paso do tempo non serve senón para darlle máis relevancia ó seu labor. Así o quixo poñer de manifesto este xoves o BNG, nun acto conmemorativo do décimo cabodano da tráxica morte do político e home de mar, no que participaron o alcalde Luciano Sobral, a responsable actual da Concellería de Deportes desde que se fixo cargo da súa acta de concelleiro, Marga Caldas, e a concelleira en Pontevedra e responsable comarcal Eva Vilaverde, ademais da familia do falecido, amigos e compañeiros que o coñeceron en distintas facetas da súa vida. 

A primeira en intervir, despois da contida e sinxela ofrenda floral ao pé do monolito que conmemora a figura de Pazos Barros, foi Marga Caldas, que destacou que o finado "como patrón maior da Confraría de San Telmo, foi un dos grandes reivindicadores dos dereitos dos profesionais do sector. Sempre estivo moi pendente de tratar de solucionar diferentes problemáticas e tratar de mellorar as condicións laborais de mariñeiros e mariscadoras. Ademais, para o BNG Miguel Pazos sempre foi un exemplo de compromiso e de esforzo a nivel de militancia". Caldas subliñou que "hai dez anos, cando asumín a Concellería de Deportes, comprometinme a dar continuidade ao seu legado e niso seguimos traballando". 

O alcalde, Luciano Sobral, centrouse en lembrar a todos a calidade humana de Miguel Anxo Pazos e a forza do seu compromiso. "Non só co deporte e co mar, senón coa organización, na que viña traballando con nós desde antes de ser concelleiro, e cunha visión clara de país e de nación". 

"Miguel foi un puntal para nós", resumeu Sobral, quen reflexionou sobre o pouco tempo que chegou a esta ao frente da súa concellería (a morte, atropelado por un turismo en Marín aos 40 anos, impediulle chegar a completar o segundo mandato no que participaba) e "a pesar diso, a capacidade alta de traballo e de conseguir resultados que tiña: traballou con intensidade, antes mesmo de estar na Corporación". 

Para concluír o acto, a Escola de Música Tradicional interpretou o himno de Galicia. A cita contou, ademais, coa presenza de representantes das Confrarías de San Telmo e de Raxó, así como dos colectivos de mariscadoras de a pé de Lourizán, San Telmo e Raxó, ademais de membros de clubes e entidades deportivas coas que colaborou Pazos como concelleiro de Deporte.

Poio recuerda al que fue su concejal al cumplirse 10 años de su...
comentarios
ç