jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

Moldes: "Pode ser alcalde quen salta as restriccións sanitarias?"

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes. DP
O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes. DP
O PP rexeita a crítica dos nacionalistas por fotografiar ao alcalde e lembra que esa práctica tamén lla fixeron a Moldes

O portavoz do PP de Poio, Ángel Moldes, descontento coa crítica que o BNG lle fai por ter tirado fotos do alcalde en varios días consecutivos para demostrar que participara en reunións presuntamente ilícitas en A Seca, pregúntalle a esta formación "se pode ser alcalde quen actúa da maneira que o fixo Sobral saltándose as restriccións sanitarias en plena pandemia do COVID". "Preguntámoslle a Marga Caldas se está dacordo con que o alcalde e ex concelleiros do BNG incumpriran as normas e restriccións do COVID", indica Ángel Moldes, que defende que o PP non fixo nada que non fixera antes o BNG: "Ou non recorda a señora Caldas cando fai poucos anos o BNG de Poio publicara fotografías do coche do voceiro do PP para defender que se poñían poucas sancións?". 

"Recomendámoslle que lle pregunte ao señor Sobral e ao señor Barreiro o que facían eles cando o BNG estaba na oposición". "Ela non sabe o que é de, momento, estar na oposición", engaden, en alusión a que a concelleira se integrou na formación cando o BNG xa gobernaba.

O PP non acepta a crítica do BNG e insiste en que o único ilícito é a actitude de Sobral. A súa vez, recomenda a Caldas "que máis que preocuparse polo PP de Poio, se preocupe do liderazgo no BNG xa que os que realmemte mandan no seu partido en Poio son os que se reúnen nos rochos e é por iso polo que máis que defendelos igual lle iría mellor marcar distancias con eles, xa que é moita a xente do propio BNG que non comparte esa forma de facer política as agochadas", "Se estes feitos se produciran ao revés estarían pedindo a dimisión do alcalde do PP?", pregunta. 

Moldes: "Pode ser alcalde quen salta as restriccións sanitarias?"
comentarios
ç