Os montes de Poio rexistran o primeiro conato de incendio da tempada de alto risco

O lume atopábase próximo ás vivendas
Operarios traballando no control do lume. PC POIO
photo_camera Operarios traballando no control do lume. PC POIO

Este xoves rexistrouse nos montes de Poio o primeiro conato de incendio da tempada de alto risco.

Declarouse na zona de Zapata, cerca de Arís (San Xoán de Poio) e está sendo extinguido por medios de Medio Rural (terrestres e un helicóptero) ademais de Protección Civil. Contan coa colaboración da Policía Local.

Trátase dun incendio nunha zona de monte raso e arbolado, con partes moi secas, pero que se sitúa no límite da zona de monte alto da Escusa. O risco que revestía era a proximidade coas vivendas, pero foi controlado a tempo.

Operarios traballando no control do lume.  PL POIO