A Consellería de Sanidade notificou este mércores a morte dunha muller de 101 anos diagnosticada con coronavirus que faleceu o pasado luns no seu domicilio, situado no concello de Poio.
O falecemento desta anciá eleva a 170 as vítimas da pandemia na área sanitaria de Pontevedra e O Salnés.
O Sergas informou ademais dun segundo deceso vinculado co virus: unha muller de 84 anos que faleceu este mércores no Chuac. As dúas falecidas presentaban patoloxías previas.
Con estas dúas mortes, o saldo de falecidos en Galicia ascende a 2.378.