Morre un veciño de Marín ao impactar a súa moto contra un poste en Cerdedo-Cotobade

A vítima tiña 29 anos►O accidente ocorreu na N-541
Accidente mortal de un motorista en Cerdedo-cotobade.CEDIDA
photo_camera Accidente mortal dun motorista en Cerdedo-cotobade.CEDIDA

Un motorista de 29 anos faleceu na mañá deste domingo en Cerdedo-Cotobade ao impactar contra un poste logo de sufrir unha saída de vía, segundo informou a Garda Civil de Pontevedra. 

O sinistro tivo lugar ás 10.15 horas deste domingo no quilómetro 65 da estrada N-541 en dirección Ourense á altura da gasolineira do municipio de Cerdedo-Cotobade. 

O falecido é un home de 29 anos veciño da localidade pontevedresa de Marín. 

Comentarios