lunes. 29.11.2021 |
El tiempo
lunes. 29.11.2021
El tiempo

O Multiusos de Arcade queda sen asentos libres para a homenaxe a Lois Obelleiro

Un dos momentos máis emotivos da homenaxe. D.P
Un dos momentos máis emotivos da homenaxe. D.P

Ana Pontón reivindica a defensa que o cofundador do BNG fixo do país, como mestre e como militante no décimo aniversario do seu pasamento

O Multiusos de Arcade acolleu este sábado a cerimonia civil de reivindicación e recordo da figura de Lois Obelleiro, fundador do BNG desaparecido hai dez anos, que foi relevante en tódolos ámbitos do nacionalismo: desde o local, onde aínda permanecen as súas raíces ata o orgánico a nivel nacional, ao ser cofundador da formación no ano 82. O evento conseguiu encher ata a última localidade do centro social de Arcade, e máis de 50 persoas tiveron que seguilo desde os corredores. Na cita participaron importantes figuras do BNG, comezando pola voceira nacional, Ana Pontón, e seguindo por responsables históricos como Francisco Rodríguez, ou con cargos no municipalismo actual, como Miguel Anxo Fernández Lores, alcalde de Pontevedra, ou Manuel Lourenzo, voceiro da oposición en Soutomaior. Pontón foi a responsable de agasallar á compañeira de Obelleiro cun detalle e de destacar a importancia do homenaxeado. "O feito de que, dez anos despois, Lois Obelleiro sexa capaz de xuntar a tantas persoas é a mellor carta de presentación dun home entusiasta e alegre, un galego de nación, un dos bos e xenerosos que adicou a súa vida a loitar por Galiza. Dez anos despois a súa memoria está con nós e seguimos coa súa loita: A defensa dunha Galiza ceibe" salientou, antes de lembrar a defensa de Galicia que el fixo desde as diferentes facetas da súa vida: como historiador, "rescatando a memoria histórica" e como militante de base ou en cargos na dirección, "onde foi clave na expansión do nacionalismo".

No acto tamén falaron o presidente da fundación Terra e Tempo, editora da obra Lois Obelleiro: compromiso e loita, Roberto Vilaméa; a xornalista María Obelleiro en nome da familia e o portavoz municipal Manuel Lourenzo.

O Multiusos de Arcade queda sen asentos libres para a homenaxe a...
comentarios
ç