Un neno resulta ferido ao ser atropelado en Poio

O sinistro produciuse á altura da Praia Ouriceira
atropello en chacelas .poio
photo_camera é noticia ponche

Os servizos sanitarios de urxencia trasladaron na tarde deste xoves a un neno despois de ser atropelado por un vehículo na PO-308, á altura da Praia Ouriceira, en Poio.

A alerta activouse no 112 Galicia ás 17:00 horas tras a chamada dunha persoa particular que solicitaba asistencia médica para un menor que foi alcanzado por un turismo. Así, desde o Centro Integrado de Atención ás Urxencias de Galicia, avisouse aos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, que xa tiñan coñecemento do suceso e enviaban medios para o traslado do neno ao centro hospitalario de referencia.

Tamén se pediu a colaboración dos axentes da Garda Civil de Tráfico e dos membros de Protección Civil da localidade. Os mesmos datos foron traslados aos Bombeiros de Pontevedra e do Salnés, así como aos efectivos do GES de Sanxenxo, aínda que a súa intervención quedou descartada ao comprobar que o ferido se atopaba liberado e accesible.