domingo. 24.01.2021 |
El tiempo
domingo. 24.01.2021
El tiempo

E o Nadal neste planeta empezou co aceso das luces en Bértola

Unha familia de Vilaboa celebra o Nadal ao grande. RAFA FARIÑA
Unha familia de Vilaboa que nestas festas non poderá ir a Vigo organizou un aceso de luces no que non faltou a voz de Abel Caballero

Luces, efectos especiais e fogos de artificio colmaron este sábado as ilusións de dous nenos de Bértola, Thiago e Salma, que este Nadal contarán cunha casa decorada ao máis puro estilo Disney para suplir a ausencia dalgunhas actividades que tradicionalmente facían outros anos, como ir ver a iluminación da cidade de Vigo e que neste 2020 pola pandemia, de momento non poderán facer.

O pai dos nenos, Celso Galán, foi o artífice desta completa decoración, que inclúe unha tirolina cun trineo no interior do xardín e varios renos e elementos decorativos na contorna da casa para dotala dun ambiente do Nadal pensado para compensar todos os desgustos de 2020.

O acto de aceso contou con moito humor, posto que, en plena escuridade, ouviuse a voz en off da Abel Caballero, un dos seus máis famosos speechs inaugurais da iluminación viguesa dos últimos anos e tamén cunha pequena tirada de lumes de luces que acabou de dar o toque festivo ao evento. Outros veciños da zona completaron tamén a decoración dos seus xardíns de modo que este ano a parroquia de Bértola pasa a sumarse ao elenco de recunchos de Galicia nos que esta práctica de decorar os xardíns e as fachadas das casas, está a se converter en aceno de identidade.

FOTOS E VÍDEO: RAFA FARIÑA

E o Nadal neste planeta empezou co aceso das luces en Bértola
comentarios