Filgueira fai de tirar dun carro de vacas unha categoría olímpica

A parroquia cerdedense contou con 29 participantes na XIII edición da súa competición enxebre

Case unha trintena de humanos prestáronse onte para substituír ás vacas da parroquia de Filgueira, en Cerdedo-Cotobade, na XIII edición do ‘Concurso de tirar dun carro de vacas'.

O evento popular consiste en levar mediante tracción humana un dos carros tradicionais por un espazo duns 120 metros no que hai unha costa final con curva e unha gran pendente. Aínda que se rexistrou un lixeiro descenso de participación nesta edición, o público disposto a animar aos participantes foi máis que en edicións anteriores, segundo a organización. En total, sumáronse á competición nove parellas para a categoría masculina, outras tres para a feminina e cinco dos participantes fixérono no apartado de individual.

►LEA A CRÓNICA DA COMPETICIÓN NA EDICIÓN IMPRESA DE DIARIO DE PONTEVEDRA DESTE DOMINGO

Comentarios