O Pleno de Barro aproba a cesión á Xunta dos terreos para o novo centro de saúde

O edificio pasará de ter 300 metros cadrados a 800
Centro de saúde de Barro. DP
photo_camera Centro de saúde de Barro. DP

O Concello de Barro aprobou en pleno –cos votos a favor do PSOE e o BNG e en contra do PP– a cesión á Xunta da parcela na que se construirá o novo centro de saúde da localidade. O terreo conta con 400 metros cadrados de superficie e está ubicado no lugar de Santo Antoniño. 

Estes terreos, explica o Concello nun comunicado, estaban reservados polo anterior goberno municipal para a construcción deste tipo de equipamentos. Unha vez recibido o visto e prace dos técnicos de Sanidade, o goberno municipal acelerou os trámites para que se levase a cabo a cesión. 

Con esta nova construcción, o centro de saúde de Barro pasará de contar con 300 metros cadrados a sumar 800. 

Comentarios