A PO-308 segue a concentrar a maior parte da sinistralidade viaria de Poio

No que vai de ano rexistráronse no municipio 110 accidentes cunha persoa morta,unha ferida grave e 35 leves. Houbo seis atropelos
Accidente na avenida Andurique, tramo da PO-308 que rexistra a maior concentración de accidentes de circulación. DP
photo_camera Accidente na avenida Andurique, tramo da PO-308 que rexistra a maior concentración de accidentes de circulación. DP

A PO-308, estrada que comunica a ponte da Barca coa Lanzada, e a vía de maior concentración de accidentes de circulación que se registran no concello de Poio. Nesta estrada, que pasa por varios municipios costeiros, sitúanse ata cinco puntos negros (de alta sinistralidade) sendo, por orden de concentración de danos, as avenidas de Andurique, A Barca, A Costa, A Cruz e A Seara. Nestes tramos, segundo o último informe da Policía Local, hai falta de visibilidade, pasos de peóns perigosos, falta de beirarrúas e cruces incómodos dotados de pouca visibilidade.

Ese mesmo dossier oficial sitúa as continxencias á alza. Se contabilizan 110 accidentes no que vai de ano cun total de 35 feridos leves, un grave e un falecido. Tamén se rexistraron seis atropelos.

As evaluacións dos últimos anos sobre sinistralidade viaria revelan que en 2017 houbo 176 accidentes e que 2019 foi o ano de máis incidencias na estrada, con 202. En canto aos danos persoais, 2021 acumulou a maior cantidade de feridos leves (60), dous feridos graves e ningún morto. En cada un dos últimos cinco anos houbo alomenos dous feridos graves.

Cabe recordar que o 14 de xuño aprobábanse as obras de mellora do tramo entre Fontenla e Combarro, que inclúen a habilitación dunha senda paralela á estrada para a circulación de peóns e bicicletas polo regato da Cancela. Haberá melloras na permeabilidade da calzada e na iluminación, ademais da construción de dúas glorietas, xunto con medidas de calmado do tráfico e redución de velocidade. Para estes haberá modificacións co obxectivo de facilitar os xiros e cambios de sentido, facendo que as incorporacións resulten menos perigosas. O proxecto foi aprobado pola Consellería de Infraestructuras cun orzamento de 1.513.491 euros.

Comentarios