Poio abre o prazo para contratar o persoal de extinción de incendios

A brigada estará composta por oito traballadores: tres condutores, un peón condutor, tres peóns e un xefe de brigada
Personal de extinción de incendios de la Xunta en el último fuego registrado este año, en Boavista, en mayo. JAVIER CERVERA
photo_camera Personal de extinción de incendios de la Xunta en el último fuego registrado este año, en Boavista, en mayo. JAVIER CERVERA

O Concello Poio informa de que este venres se abre o prazo de presentación de solicitudes para a contratación de persoal para que o municipio conte durante os meses de verán cunha brigada de incendios.

O período permanecerá operativo durante cinco días hábiles, segundo informa o titular de Persoal, Xosé Luís Martínez. A documentación poderase presentar a través da Sede electrónica ou no Rexistro, aínda que neste último caso con cita previa. Ademais, na propia Sede electrónica as persoas interesadas poderán consultar as bases e os requisitos necesarios. As probas selectivas levarán a cabo a través de concurso-oposición libre.

A brigada contará con oito integrantes. Serán un xefe de brigada, un peón-condutor, tres peóns de brigada e tres condutores de vehículos motobomba. En principio, a duración dos contratos, que seguirán a modalidade de eventualidade, será de tres meses. Os e as profesionais que se contraten velarán pola vixilancia e a defensa contra o lume, efectuando, no caso de que fosen necesarias, tarefas de prevención, de face a evitar posibles incendios durante a tempada estival.

Unha vez expirado o período de presentación de solicitudes, darase a coñecer a listaxe provisional de persoas admitidas e tras dous días para reclamacións, a listaxe definitiva. O Concello recorda que estas incorporacións deberán realizar, de xeito obrigatorio, un curso teórico-práctico, de 16 horas de duración, sobre prevención e defensa contra incendios forestais. Ao mesmo tempo, as persoas interesadas en obter máis información ou consultar dúbidas poderán facelo enviando un correo electrónico a [email protected].

Comentarios