sábado. 17.04.2021 |
El tiempo
sábado. 17.04.2021
El tiempo

O Concello de Poio acorda por unanimidade solicitar medidas pola igualdade

Concello de Poio. RAFA FARIÑA
Concello de Poio.RAFA FARIÑA
O PP defendeu no Pleno unha moción para garantir que a casa do Ateneo "siga sendo dos veciños" e pediu que se valore "legalmente o expediente" para estudar vías
Os catro grupos da Corporación municipal aprobaron por unanimidade, no Pleno ordinario celebrado durante a tarde de onte, unha moción conxunta para instar ás institucións a promover diferentes actuacións e medidas encamiñadas a depurar discriminacións de xénero e promover a igualdade neste eido. O documento parte das iniciativas que o Concello desenvolve con motivo do 8 de Marzo, Día Internacional das Mulleres, a través do departamento de Igualdade, dirixido pola edil de Avante Poio, Silvia Díaz. Este texto inclúe unha serie de propostas a impulsar desde a propia Administración local, así como o traslado de actuacións que deben ser realizadas por parte da Xunta de Galicia e do Goberno central.

Todos os grupos políticos de Poio (BNG, PSdeG-PSOE, Avante e PP) coincidiron á hora de sinalar que este ano, por mor da crise sanitaria, agraváronse as fendas de xénero e desigualdades ás que se enfrontan as mulleres. Segundo reza a moción, "o teletraballo, lonxe de ser unha fórmula ideal de conciliación, resultou unha trampa para as mulleres, que seguiron asumindo as súas xornadas laborais, de xeito extensivo, compatibilizando emprego, educación das crianzas, tarefas domésticas e coidados". A través da moción, o Concello de Poio comprométese a fomentar, en colaboración con asociacións empresariais locais, medidas e programas de conciliación nos que se incorpore a perspectiva de xénero. Ademais, apóstase pola realización dun Plan de Sensibilización Municipal para concienciar á sociedade da necesidade dunha organización social corresponsable e de horarios racionais.

ATENEO. A casa do Ateneo foi outro dos puntos do día, polo cal o PP defendeu unha moción que busca garantir que o edificio continúe a estar "a disposición dos veciños". O edil popular Ángel Moldes pediu tamén "coñecer a versión oficial do tripartito" e salientou que "é a primeira vez que este tema se trata en Comisión e en Pleno". Neste sentido, pediu que se valore "legalmente o expediente para estudar se existe algunha maneira de reter o inmoble para o uso público e facer valer o dereito da veciñanza sobre o edificio", e avanzou que, en caso contrario, negociará coas administracións para que "intenten adquirilo".

O Concello de Poio acorda por unanimidade solicitar medidas pola...
comentarios
ç