Poio contará con 937.000 euros para a rehabilitar A Puntada, Portosanto e Saíñas

A empresa Covsa será a responsable das obras que se iniciarán, previsiblemente, antes do verán e durarán ata primavera de 2023
Un encontro cos veciños para presentar as obras. D. FREIRE
photo_camera Un encontro cos veciños para presentar as obras. D. FREIRE

A empresa Construcciones Obras y Viales Sociedad Anónima (Covsa) será a encargada de executar os traballos para rehabilitación integral e de mellora sostible na Puntada, Portosanto e Saíñas.

A Xunta de Goberno Local aprobou na súa última sesión a adxudicación do proxecto, logo de que se presentaran ao concurso de licitación catro firmas. Finalmente, o orzamento ascende a un total de 937.752,60 euros, IVE engadido, e financiarase nun 80% a través do programa ReacPon da Deputación de Pontevedra. O 20% tamén se cubrirá con fondos provinciais.

Así o confirmou o concelleiro de Urbanismo e Promoción Económica, Gregorio Agís. Ademais de promover o proxecto, a área de Urbanismo xestionou a consecución das axudas para poder financialo.

Gregorio Agis reunese cos veciños no exterior da Casa Museo de Colon para dar a coñecer o anteproxecto da Puntada Saiñas e Portosanto. D. FREIRE
Gregorio Agis reunese cos veciños no exterior da Casa Museo de Colon para dar a coñecer o anteproxecto da Puntada Saiñas e Portosanto. D. FREIRE

"Estamos a falar dunha obra de gran calado, que suporá a completa transformación dunha contorna que actualmente se atopa nun estado de degradación importante e que marcará un antes e un despois para a veciñanza desta zona de San Salvador", relatou.

Unha vez completado o procedemento de licitación, Agís estima que os traballos darán comezo nas vindeiras semanas, de xeito que a obra estará en marcha durante o verán.

"A diferencia do que ocorre noutros emprazamentos do concello, nesta zona a tempada estival non supón un impedimento para a realización da actuación. De feito, en lugares como Saíñas, onde se atopa a escola infantil, será unha vantaxe, polas vacacións", indica o responsable de Urbanismo.

En todo caso, como en todos os procesos de transformación urbanística, o edil manifesta que "trataremos de que as obras xeren as menores molestias posibles á veciñanza". O Concello contempla a finalización deste completo proxecto para a primavera do ano 2023. As obras incluirán a renovación e dotación de servizos básicos, así como a humanización de diferentes espazos, cun traballo especialmente enfocado á mellora da seguridade peonil que favorecerá o uso destes viais por parte da veciñanza e a redución da pegada de carbono, respectando en todo momento as construcións tradicionais que se atopan nestes dous núcleos senlleiros de Poio.

Senda do litoral

Esta actuación permitirá que desde a zona de A Puntada se inicie o traballo para a posta en marcha dunha nova senda costeira, que se conectará con Pontevedra. Gregorio Agís lembra que o proxecto foi dado a coñecer á cidadanía durante a fase de redacción.

O edil do Goberno local lembra, ademais, que esta actuación, unha das más ambiciosas a executar durante o actual mandato e que segue a filosofía do Concello de revitalizar e poñer en valor os núcleos tradicionais e a mobilidade sustentable, contou no seu momento co rexeitamento do Partido Popular.

comentarios