Poio cortará o luns o tráfico da Rúa Lameiriña polo inicio da súa reforma

Así o anuncia Chelo Besada, teniente de alcalde e responsable de Obras e Servizos no Concello de Poio, que indica que, a partir do peche, só se permitirá o paso a vehículos de persoas residentes
Imaxe de archivo da rúa Lameiriña. DP
photo_camera Imaxe de archivo da rúa Lameiriña. DP

Con motivo do inicio das obras de mellora na Rúa Lameiriña en Raxó, desde a vindeira semana cortarase o tráfico rodado na zona.

Así o anuncia Chelo Besada, teniente de alcalde e responsable de Obras e Servizos no Concello de Poio, que indica que, a partir do peche, só se permitirá o paso a vehículos de persoas residentes.

O inicio dos traballos supón a posta en marcha definitiva dun proxecto que se viu freado, inicialmente, polo cese de actividade de Nexia e posteriormente pola crise sanitaria. Tras volver a redactar o prego de condicións, o Concello aprobou a súa adxudicación á empresa Covsa, cun orzamento que ascende a máis de 365.000 euros, IVE engadido, e que serán financiados a través do Plan Concellos ondente á convocatoria do ano 2021.

A reforma afectará a máis de 600 metros de extensión e, entre as melloras a realizar, inclúese a dotación dunha superficie de adoquín. Tamén serán renovados servizos básicos como o abastecemento e a instalación de dez bocas de rego. Besada explicou no seu día que a obra, que tamén afecta á Praza Lameiriña e á Rúa Caneliñas, será respetuosa coa contorna.

Comentarios