Poio destinará 144.500€ do Plan Concellos a viarios de San Xoán

A Deputación aprobou o desembolso da cantidade para mellorar Camiño de Vilanova e Avenida José Martínez García

Vista aérea de San Xoán. D.FREIRE
photo_camera Vista aérea de San Xoán. D.FREIRE

A Xunta de Goberno da Deputación deu o visto e prace, esta semana, a strong <>unha nova invesión no Concello de Poio, dentro da Liña 1 do Plan.

Trátase dunha cantidade de 144.589,52 euros que permitirá financiar unha actuación de mellora de firmes e servizos no Camiño de Vilanova e na Avenida José Martínez García.

A actuación presentada polo Concello de Poio suporá unha remodelación para mellorar a drenaxe de pluviais nestes dous viarios, que percorren o interior de San Xoán e que comunican unha ampla zona entre o mosteiro e a PO-308. A obra consistirá na demolición de firmes e movementos de terras para manter a mesma rasante de terreo. Os traballos realizaranse para poder limpar o espazo nas marxes do viario, onde cortarase o firme e executarase unha canalización na que se instalarán as conduciones de pluviais.

Logo da colocación das tubaxes, limparase o firme actual cun varrido. Tamén se aplicará unha nova capa de aglomerado de cinco centímetros de espesor para homoxeneizar toda a superficie que se pretende asfaltar.

As achegas correspondentes á Liña 1 ascenderán este ano a 743.285,7 euros. Ademais, o Concello de Poio tamén ten á súa disposición 94.388 euros da Liña 2, para destinar a amortizacións de débedas. Ademais, sumará outros 231.088 euros correspondentes á Liña 3 de emprego que permiten a contratación de 24 traballadores que prestarán servizos no Concello.

Comentarios