sábado. 23.01.2021 |
El tiempo
sábado. 23.01.2021
El tiempo

Poio e A Lama despiden as iniciativas de emprego que formaron a 120 persoas

Unha clase do PIE de Poio. DP
Unha clase do PIE de Poio. DP
O Programa Integrado de Emprego poiense acolleu en 20 cursos dos que saíron 46 oportunidades laborais

Os concellos de Poio, Cerdedo-Cotobade e A Lama despiden o ano pechando as iniciativas de emprego desenvolvidas en 2020 que, a pesar da pandemia, conseguiron sacar adiante unha programación pensada para aumentar a capacidade de inserción no mercado laboral dos e as veciñas da comarca.

Con respecto a Poio, o 20 de novembro clausurouse o Programa Integrado de Emprego (PIE), dependente da Xunta e do Concello, que supuxo o desenvolvemento dun ciclo de actividades entre 2019 e 2020.

O contexto derivado da pandemia da covid-19, que obrigou a varios meses de confinamento e á paralización de numerosos sectores económicos, non impediu que este programa, coordinado a través da área de Promoción Económica, formase e asesorase a cen persoas. O edil de área, o socialista Gregorio Agís, destaca o bo facer das técnicas do PIE e recalca que conseguir que "das 100 persoas que participaron nos cursos e obradoiros practicamente a metade (46) tivesen acceso nalgún momento a un posto de traballo é unha cifra moi positiva. O feito de conseguilo a pesar da crise sanitaria é moi meritorio": 

As orientadoras do plan, Eva Campos e Iria Casteláns, organizaron durante todo este tempo ata 20 accións formativas diferentes, pensadas para todos os sectores. Así, desenvolvéronse ciclos de auxiliar de comercio, operario de almacén e carretilla ou o certificado de persoal de limpeza de superficies e mobiliario en edificios e locais. Ademais, tamén se impulsaron talleres centrados na obtención de ferramentas para a busca de emprego e promovéronse charlas de profesionais, a modo de asesoramento para os alumnos e alumnas. "Varios dos participantes lograron acceder por primeira vez a un emprego grazas a este programa, mentras que outros conseguiron consolidar a súa situación profesional", indican as responsables do PIE. 

As sesións desenvolvéronse no Centro de Formación da Reiboa, en San Xoán, unhas instalacións reformadas a través dunha ambiciosa actuación que serviu para mellorar a accesibilidade do inmoble e adaptalo ás necesidades da crise sanitaria.

RÍO VERDUGO. En canto aos concellos da Lama e Cerdedo-Cotobade, a súa proposta era un Obradoiro de Emprego que finalizará o próximo día 10 de decembro, tras un acordo coa Xunta para que as súas 20 alumnos e alumnas puidesen recuperar a formación perdida durante os meses do confinamento.

A delegada territorial, Luisa Piñeiro, acudiu o venres ao Concello da Lama, onde, nun acto con tenente de alcalde deste concello, David Carreira, e os seus homólogos de Cerdedo-Cotobade, Fernando Vázquez e Lourdes Ovelleiro, realizouse a entrega de diplomas aos participantes neste curso.

A iniciativa contou cunha investimento autonómico de 336.446 euros e desenvolveuse coa participación dunha vintena de persoas desempregadas dos concellos da Lama e Cerdedo-Cotobade, que realizaron a súa actividade nos módulos de Atención Sociosanitaria en Institucións Sociais e Operacións Auxiliares de Servizos Administrativos.

O acto de clausura adaptouse ás normas sanitarias, de modo que o alumnado pasou a recoller en dúas quendas distintas os seus diplomas, que foron entregados en fundas de plástico para evitar tamén así a posible transmisión do virus.

A delegada destacou o valor que están a achegar no tecido social dos concellos da provincia as iniciativas de desenvolvemento da empleabilidad como este taller, que cumpriu en 2020 a súa segunda edición. Piñeiro animou aos e as participantes a facer uso dos coñecementos adquiridos para converter esta experiencia nunha porta de entrada no mercado laboral, pondo en valor tamén o feito de que unha das áreas de formación, a de ámbito sanitario, está entre os servizos esenciais cuxa demanda aumentou coa crise sanitaria.

A delegada agradeceu o esforzo e implicación do alumnado neste ciclo desenvolvido en tempos difíciles e enmarcou a liña da Xunta de investir nos obradoiros no empeño do executivo autonómico de promover a "reactivación económica" o "antes posible". 

Poio e A Lama despiden as iniciativas de emprego que formaron a 120...
comentarios