Poio prepárase con veciños e hostaleiros para o seu primeiro Dúatlon 'postcovid'

A edil de Deportes informou a representantes veciñais e do sector sobre os detalles da proba deste domingo
El encuentro con hosteleros y responsables de la A. VV. de Lourido. DP
photo_camera O encontro con hostaleiros e responsables da A. VV. de Lourido. DP

A edil responsable de Deportes e de Seguridade Cidadá, Marga Caldas, mantivo unha reunión con representantes do sector hostaleiro para informarlles dos detalles da celebración do II Dúatlon Movéndonos por Poio, que se celebrará o vindeiro domingo, 18 de abril, en Lourido.

Caldas sinalou que se trata dunha proba organizada conxuntamente polo Club Tríatlon Poio, e a Federación Galega de Tríatlon e Péntatlon Moderno con apoio do Concello e que forma parte do Circuíto Galego de Dúatlon, o que fai o evento puntuable para o Campionato Galego.

A concelleira reuniu aos hostaleiros, a membros de Hoempo e aos integrantes da Asociación de Veciños de Poio porque o evento, é o primeiro campionato que acolle Poio para deportistas federados desde o inicio da crise sanitaria, de modo que será unha cita que cumprirá de xeito rigoroso con todas as medidas de prevención.

"Non queriamos renunciar a acoller unha proba deste nivel na actualidade, cando o impacto da covid-19 en Poio se vén reducindo desde hai meses", indicou a edil, que escoitou as suxestións de veciños e, en especial, dos hostaleiros.

"O noso obxectivo é que o vindeiro ano, coa situación xa totalmente normalizada grazas ás vacinas, poidamos organizar unha proba de maior nivel. Entón, teremos moi en conta as suxestións que se realizaron nesta reunión non que se refire a modificacións de horarios e datas, e nun posible cambio de percorrido", adiantou.

Con respecto ao operativo de tráfico, durante o sábado 17 xa non se poderá acceder ao aparcadoiro de Lourido, nin tampouco nas zonas polas que transcorrerá a competición. O domingo, ás 8.00 cortarase o tramo que vai desde o peirao de Campelo ata as instalacións de Froiz.

Comentarios