Poio puxo fin aos actos do 25-N cun acto en Combarro

Unha andaina, unha exposición e a lectura dun manifesto previron á sociedade contra a violencia machista
A lectura do manifesto contou con sete asociacións de mulleres. D. P
photo_camera A lectura do manifesto contou con sete asociacións de mulleres. D. P

Máis de 150 persoas participaron este domingo no acto de despedida da programación que o Concello de Poio desenvolveu con motivo do 25-N no municipio.

A campaña Man a Man Contra as Violencias Machistas despediuse con esta actividade, que rematou na Praza da Chousa, en Combarro, onde estaba instalada a mostra Violencias Cotiás, unha exposición que recolle o traballo artístico, pezas de poesía visual elaboradas por integrantes das asociacións integradas no Consello Municipal da Muller.

undefined

Precisamente, representantes destes colectivos deron voz ao manifesto que se leu ao termo da xornada, lembrando cales son as tipoloxías de violencia machista e facendo fincapé na importancia de continuar traballando para erradicalas definitivamente.

As asociacións Airiños do Mar, MEI Poio, O Bao, Asociación de Mulleres Arela, AV Lourido, Asociación de Mulleres Progresistas e Asociación cultural Mulleres Mar de Poio acudiron a esta cita. Silvia Díaz, edil de Igualdade, agradeceu esta asistencia así como as achegas de cada colectivo no proceso creativo que se vén de pechar.

A encargada de pechar o acto foi a artista Lúa Mosquetera, cunha intervención poética.

Comentarios