Ponte Caldelas homenaxea a Suso Vaamonde e dalle o seu nome á Casa do Pobo

2020021713442928701
photo_camera As autoridades e asistentes durante o acto na Casa do Pobo. CEDIDA

O municipio de Ponte Caldelas viviu onte unha xornada moi especial, na que homenaxeou ao seu veciño máis ilustre, Suso Vaamonde, renomeando a Casa do Pobo de Regodobargo co nome do cantautor.

O acto, no que tamén estivo presente o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, incluiu unha ofrenda floral e unhas palabras do alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, quen quixo salientar que a homenaxe trátase dunha «débeda histórica con Suso. Queremos remate o exilio que se lle propinou durante demasiados anos», asegurou.

Comentarios