Ponte Caldelas leva retirados máis de cen niños de vespa velutina este ano

A Xunta lémbralle ao Concello que "non se adheriu" ao plan autonómico de loita contra a velutina

Nido de velutina. CEDIDA
photo_camera Nido de velutina. CEDIDA

O Concello caldelán leva xa retirados preto dun cento de niños de vespa velutina a través dunha empresa especializada á que solicitou o servizo logo das queixas veciñais polo mal funcionamento do servizo d a Xunta. As casuísticas das intervencións son variopintas, pois os niños atópanse en lugares moi diversos, tanto aire libre, como no interior de vivendas. Neste momento, de feito, está pendente a intervención con fumigación nunha vivenda, porque a familia que reside na casa ten que abandonala durante uns días para poder eliminar o niño, instalado na cheminea da vivenda.

Este ano tamén se deu a intervención na que foi necesario un carpinteiro, porque o niño estaba no falso teito da vivenda. "A seguridade dos meus veciños é unha prioridade e por iso collemos as rendas do problema que están a supoñer os niños de velutina", indica o alcalde de Ponte Caldelas, Andrés Díaz, que invita a que os avisos se fagan ao Concello, chamando ao 986750013 (ext.2) e unha empresa especializada fará a retirada. O custo da retirada para o Concello é de 108,90 euros por niño.

A Xunta lembra que o Concello non se adheriu ao plan de loita 
A Xunta, a través dun comunicado, lamentou as críticas do concello de Ponte Caldelas contra a labor da administración autónoma na loita contra a vespa velutina e recordoulle eque non se adheriu ao Plan de Loita contra a Velutina, no que están o 90% dos municipios galegos.

Comentarios