Ponte Caldelas repartirá 50 cheques de Nadal a familias con poucos recursos

O Concello proponse que os fogares nos que se están pasando aprietos económicos "poidan ter unhas festas dignas"
Está previsto que los trabajos se inicien lo antes posible. DAVID FREIRE - Praza de España (Ponte Caldelas)
photo_camera Vista da Praza de España, en Ponte Caldelas. DAVID FREIRE

O Concello de Ponte Caldelas acaba de abrir o prazo para a petición de axudas de Nadal para as familias con poucos recursos económicos. Trátase dunha achega para persoas empadroadas e residentes no municipio, que, se cumpren os baremos establecidos por Servizos Sociais, poderán recibir cheques de axuda para a compra de comida e produtos de primeira necesidade.

En concreto, o Concello de Ponte Caldelas vai entregar un total de 50 cheques de 100 euros para gastar en Supermercados Froiz, que as familias beneficiarias poderán gastar en alimentos e tamén en produtos de hixiene persoal e doméstica de primeira necesidade.

A entrega da documentación para completar a solicitude debe realizarse nos Servizos Sociais do Concello e só poderán acollerse aquelas familias que entren dentro do Baremo Económico do Regulamento de Emerxencia Social Municipal. É necesario achegar documentación de toda a unidade de convivencia e os cheques iranse entregando por orde de solicitude aos demandantes que cumpran cos requisitos.

"Axudar ás veciñas e veciños do municipio con poucos recursos é algo imprescindible. Por iso, ano a ano, o Concello de Ponte Caldelas trata de incrementar esta partida. De feito, dende a entrada na Alcaldía de Andrés Díaz, aumentouse preto de 2.000 euros a cantidade que se destina a estes cheques", recorda o Goberno local, que engade que "unha das prioridades de Díaz é crear oportunidades de traballo para que as familias, sobre todo aquelas que teñen nenos, poidan facer o seu proxecto de vida".

O Concello caldelano proponse que este Nadal, os fogares nos que se están pasando aprietos económicos "poidan ter unhas festas dignas".

Comentarios