Jueves. 20.09.2018 |
El tiempo
Jueves. 20.09.2018
El tiempo

O PP denuncia a mala accesibilidade na contorna do centro Quirón Salúd

Durante o paseo, Ángel Moldes comprobou o estado das inmediacións da clínica. DAVID FREIRE
Durante o paseo, Ángel Moldes comprobou o estado das inmediacións da clínica. DAVID FREIRE

Ángel Moldes faise eco das queixas de familiares e pacientes do Instituto de neuro-rehabilitación e solicita unha mellora inmediata nas beirarrúas da Avenida Andurique

O portavoz do PP, Ángel Moldes, efectuou este venres un paseo cun paciente e un familiar do Instituto de neuro-rehabilitación Quirón Saúde para coñecer cal é a situación da contorna no referente a accesibilidade.

Durante a visita á zona, o "popular" mostrou a súa preocupación os obstáculos que teñen que atravesar, día tras día, os pacientes con mobilidade reducida para poder saír das instalacións cos seus familiares.

As beirarrúas para os peóns da Avenida Andurique teñen tramos de formigón, moitos desniveis, tramos moi estreitos e practicamente carecen de ramplas homologadas.

"Nalgunhas zonas non teñen por onde baixar, teñen problemas para facer un xiro coa cadeira, teñen que entrar na propia calzada, poñendo en perigo ao pacente e incluso eles mesmos... Afectar con mobilidade reducida non poden facer actividades cotiás, como dar un paseo, ou tomar un café cun familiar sen arriscar a vida", explicou.

Guadalupe Ramos, veciña de San Salvador, leva máis de sete anos neste complexo hospitalario coidando dun familiar. "Todo o que di Ángel Moldes non é algo novo, levo preto de sete anos loitando por mellorar a accesibilidade nesta contorna e só obtiven un pequeno acceso para poder librar coa cadeira 50 metros de estrada.Necesitamos unha mellora inmediata. Creo que non pedimos moito" , asegurou.

Durante o fin de semana, os pacientes do Quirón Saúde reciben moitas visitas, "Este centro que recolle persoas de toda a provincia, limítan a saída do paciente a un radio de acción de cinco metros, non poden ir as distintas cafeterías que se atopan ao final da rúa porque non poden pasar coas cadeiras. É unha realidade moi triste", lamentou Moldes.

Outra das queixas que realizou o vogal do PP é o acondicionamento da alameda do Pazo de Bicada. "É unha pena que non podan acceder a esta alameda, na que se gastan moitos cartos en limpar e rozar, pero non teñen tampouco unha boa accesibilidade".

Moldes finalizou apelando a sensibilidade do alcalde e os seus edís. "Eu creo que este é outro claro exemplo de que a parroquia de San Salvador está abandonada polo equipo de Goberno. Pero creo que esta demanda é sinxela de cumprir, e polo tanto ou meu equipo invoca a sensibilidade persoal do Goberno municipal", resolveu.

O PP denuncia a mala accesibilidade na contorna do centro Quirón Salúd
Comentarios