viernes. 14.08.2020 |
El tiempo
viernes. 14.08.2020
El tiempo

O PP pide consenso para que os Bombeiros de Pontevedra actúen en San Salvador

Efectivos de Protección Civil baleiraron un extintor sobre o motor do coche para atallar o lume. CEDIDA
Efectivos de Protección Civil baleiraron un extintor sobre o motor do coche para atallar o lume. CEDIDA
Ángel Moldes propón que os dous concellos e a Xunta cooperen mentres se decide se a Deputación súmase á comarcalización ou non

Tras unha xornada na que, en menos de 24 horas, desencadeáronse dous incendios en vehículos que obrigaron a intervir, entre outros, a Protección Civil de Poio e a efectivos do GES de Sanxenxo, o responsable do PP en Poio, Ángel Moldes volveu a sinalar o paradoxo de que este concello, no que se sitúa fisicamente a estación de Bombeiros de Pontevedra, non poida contar cos servizos do cadro de persoal da cidade veciña.

"Viuse en dúas ocasións en menos de 24 horas: os incendios houbo que resolvelos con medios propios e desplazouse o GES de Sanxenxo. Non foi o caso de que houbera risco para as persoas, pero segue a tratarse dun paradoxo porque trátase dunha parroquia que é na que está ubicada a estación de Bombeiros. A distancia é mínima. Se o caso fora máis grave, sucedería o mesmo, e tememos que algún día suceda algo serio e teñamos que lamentar cousas peores, por non poder contar cos Bombeiros de Pontevedra".

Moldes sinala que, aínda que a comarcalización deste parque é un punto no que as partes implicadas (Xunta, Deputación e Concello de Pontevedra) parecen estar estancadas, "sempre se podería ir adiantando cun convenio puntual entre Poio e Pontevedra, no que, dado que a Xunta está de acordo coa comarcalización, talvez incluso poida achegar algunha axuda económica, aínda que todos sabemos que as competencias nos concellos de menos de 20.000 habitantes é do propio Concello ou da Deputación, se o municipio non pode".

Moldes propón que se recupere o diálogo e se busque "unha medida para que, cando menos San Salvador, que é unha poboación que gaña veciños día a día, e San Xoán, poidan ser atendidos polos Bomebiros de Pontevedra e non polo GES de Sanxenxo".

A "popular" chama ao alcalde, Nito Sobral a iniciar negociacións co rexedor da capital, ou ben a situar este asunto na nova axenda pendente co renovado Goberno autonómico.

PROTECCIÓN CIVIL. Aínda que nos dous incendios, o dunha furgoneta na tarde-noite do luns e o dun turismo na xornada de onte desprazouse Emerxencias Sanxenxo, os primeiros en intervir foron en ambos os casos os integrantes de Protección Civil. Ao saír desde o municipio veciño e contar Poio cunha superficie de 33 quilómetros cadrados, a viaxe desta dotación, que se despraza nunha motobomba cargada de auga e non pode alcanzar grandes velocidades, oscila entre os 20 minutos e o cuarto de hora.

O PP pide consenso para que os Bombeiros de Pontevedra actúen en...
comentarios