jueves. 15.04.2021 |
El tiempo
jueves. 15.04.2021
El tiempo

O PP de Poio acusa a Sobral de manter "reunións ilegais" e o alcalde desmínteo

O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes. DP
O voceiro do PP de Poio, Ángel Moldes. DP
Ángel Moldes asegurou que Luciano Sobral acudiu acompañado e "en plena pandemia" ao trasteiro dun local comercial na Seca

O voceiro do Partido Popular de Poio, Ángel Moldes, verteu este domingo graves acusacións sobre o alcalde, Luciano Sobral, ao que acusou de "manter encontros diarios cun grupo de sete persoas entre as 9.30 e as 10.30 horas no trasteiro dun establecemento na zona da Seca, no peor momento da pandemia en Poio". Moldes asegurou que o alcalde accedeu xunto a "un nutrido grupo de amizades non convivintes" ao establecemento, e asegurou que foron "os propios veciños os que comunicaron esta situación ao PP, alertados pola presenza das mesmas persoas todos os días á mesma hora". 

O alcalde saiu ao paso das acusacións na mesma tarde do domingo para desmentir as afirmacións feitas polo PP, aclarando que, lonxe de reunirse "todos os días", nas últimas xornadas mantivo "un par de encontros puntuais co representante dunha entidade proveedora e que habitualmente colabora co Concello na organización de distintos eventos". O alcalde garantiu tamen que estes encontros realizáronse "mantendo todas as medidas" sanitarias e calificou de "rotundamente falso" que as reunións foran de cinco persoas. "Nunha eramos dous e na outra tres, contando conmigo", dixo.

Moldes, que insistiu en "coñecer a versión do alcalde" e ironizou con que se nos encontros abordaron "as próximas recalificacións do novo PXOM, ou se son simplemente por estar os bares cerrados e non ter donde tomar o café". 

O alcalde lamentou "profundamente o xeito de proceder do Partido Popular", ao que afeou "que trate de facer uso da situación provocada pola pandemia buscando rédito político e intentando minar a figura do alcalde cun xeito de proceder impropio dunha oposición seria". O alcalde destacou que "resultan especialmente graves as insinuacións do señor Moldes facendo mencións a supostas recalificacións no novo PXOM", e instou ao PP a que "acuda á Xustiza se atopa algunha irregularidade, e que non se limite a tirar a pedra e esconder a man". Moldes asegurou que o PP "chegará ao fondo do asunto". 

O PP de Poio acusa a Sobral de manter "reunións ilegais" e o...
comentarios
ç