O programa Vacacións en Paz acolle a Rugaia e Yagub en Poio

O alcalde Luciano Sobral e a concelleira Rosa Fernández agasallaron aos rapaces da iniciativa solidaria, que voltou dous anos despois
O alcalde Luciano Sobral e a concelleira Rosa Fernández con Rugaia e Yagub. CONCELLO DE POIO
photo_camera O alcalde Luciano Sobral e a concelleira Rosa Fernández con Rugaia e Yagub. CONCELLO DE POIO

A pandemia impediu que o Programa Vacacións en Paz non se puidese levar a cabo durante dous anos, pero este verán o Concello de Poio volveu a poñer en marcha esta inciativa de acollida que se leva facendo dende 1995.

O alcalde, Luciano Sobral, e a edil socialista Rosa Fernández, responsable da Área de Servizos Sociais fixeron este mércores a entrega duns agasallos a Rugaia, de sete anos, e a Yagub, de oito, que participan no programa e estarán en Poio ata principios de setembro.

Tanto o rexedor como a concelleira conincidiron á hora de destacar a importancia de tomar parte "en iniciativas que permiten a rapaces e rapazas como Yagub e Rugaia a gozar dunha estancia agradable aquí, onde poden coñecer outra forma de vida, algo que inflúe positivamente non só na súa formación, senón tamén en mellorar e potenciar a comunicación e o entendemento entre a nosa sociedade e o pobo saharauí".

Explica a súa familia de adopción que os cativos están a participar no Espazo Concilia e comentan que xa están moi adaptados á vila. Ademais, Sobral salientou "que os rapaces que pasan o verán aquí viven unha experiencia única que nunca esquecerán".

Comentarios