Lunes. 12.11.2018 |
El tiempo
Lunes. 12.11.2018
El tiempo

O PSdeG alerta dunha vertedura ao río Lérez en Viascón

Foto do río cedida polo PSOE. DP
Foto do río cedida polo PSOE. DP

Trataríase de augas "marróns e con cheiro noxento" da EDAR

Os socialistas de Cerdedo-Cotobade advirten da situación de risco para unha contorna protexida por Medio Ambiente como a conca do Lérez que se está producindo como consecuencia, probablemente, do mal funcionamento da EDAR de augas residuais de Viascón.

O equipo de Lina Garrido, facéndose eco das chamadas de varios veciños, puido comprobar como un dos regatos que desembocan no Lérez está a padecer unha contaminación que podería ser de augas fecais nos últimos días. Os socialistas, acompañados dos denunciantes, acharon evidencias da vertedura "nas inmediacións da Ponte de Rexedoiro antes do cruzamento de Parada de Tenorio", onde puideron observar como "as augas veñen marróns e cun cheiro noxento dende hai xa varios días".

Os socialistas alertaron ao Seprona "e temos constancia de que outros veciños o fixeron tamén en datas anteriores", sinalan nun comunicado no que afirman que os mesmos veciños "alertaron ao Concello, sen que se teñan noticias ata o momento de que pasasen a velo in situ para tomar de inmediato as solucións que sexan precisas".

O equipo socialista insta o Goberno local do Concello fusionado a adoptar estas medidas, e sostén que "«de todos é sabido que Viascón é unha das parroquias que máis medrou nos últimos anos e por eso é convinte que se faga un estudo da situación do saneamento e das depuradoras para así poder corrixir estas eivas das mesmas e que non se chegue a provocar danos irreparables no nos ecosistema fluvial. É urxente dar solución inmediata a este problema xa que é o Lérez un dos ríos máis importante da provincia que subministra de auga a unha parte moi importante da poboacción", indica a agrupación, que insiste en que o mal aspecto e os cheiros son un mal menor en comparación cos danos que pode ocasionar a presenza de augas da depuradora no ecosistema fluvial, que augas abaixo, é parte da Rede Natura.

O PSdeG alerta dunha vertedura ao río Lérez en Viascón
Comentarios