A reforma da Casa Consistorial de Poio entra en proceso de licitación

Unha vez aprobada a obra contará cun prazo de seis meses para a súa execución ►Ademais do Concello tamén se contempla a mellora do ximnasio municipal e o pavillon da Seca
As obras afectarán a cuberta da Casa Consistorial de Poio. DP
photo_camera As obras afectarán a cuberta da Casa Consistorial. DP

A Comisión de Urbanismo aprobou o proxecto para a substitución da cuberta da Casa Consistorial de Poio. A obra está valorada en máis de 277.700 euros e a financiación provén dos fondos que o Concello adquiriu do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la Energía (Idae), tramitados pola Concellería de Promoción Económica.

No proxecto de licitación figura que a reforma consiste en desfacerse dos materiais de cubrición actual e sustituílos por tellas de cerámica curva sobre un panel que garanta o illamento térmico. A xeometría a catro augas non mudará, pero os traballos permitirán un maior aproveitamento do espazo que dará lugar a máis lugares de almacenaxe e novas oficinas. O alumeado do edificio pasará ao mecanismo led coa finalidad de garantir un maior aforro en custos de consumo. A Dirección Xeral de Patrimonio xa deu o visto bo á restauración do edificio, que conta con seis meses para a súa execución. Gregorio Agís, concelleiro de Promoción Económica confía en que a obra xa esté rematada a finais do vindeiro ano.

A Administración municipal recibiu aproximadamente uns 500.000 euros dos fondo do Instituto para la Diversificación y Ahorro de la energía. Investiránse nesta obra e tamén na reparación da cuberta do pavillón polideportivo da Seca e na mellora do ximnasio municipal. Como na obra principal, en todos estes casos o que se busca é que estes equipamentos municipais pasen a contar cun sistema de illamento moito máis eficaz, eliminando filtracións de aire e problemas de humidade, o que afectará directamente no aforro de custes enerxéticos.

Comentarios