Rescatado en Poio un bañista que non lograba regresar á terra firme

O home, de 57 anos e veciño de Sanxenxo, non era capaz de volver polas correntes
O operativo de rescate. POLICÍA LOCAL DE POIO. jpg
photo_camera O operativo de rescate. POLICÍA LOCAL DE POIO

Una bañista foi rescatado este domingo na praia de Covelo, en Samieira (Poio), logo de lanzarse á auga e non sufrir dificultades para regresar a terra firme. O operativo organizouse sobre as 18.30 horas, cando se recibiu o aviso por parte de particulares que viron como o home, veciño de Sanxenxo e de 57 anos, se metía na auga e nadaba ata unhas bateas próximas.

A voz de alarma deuse cando comprobaron que non era capaz de volver, debido ás correntes, que o levaban cara a Chancelas.

Estableceuse entón un operativo no que participaron a Policía Local de Poio e Protección Civil. Requeriuse a participación de Salvamento Marítimo, que enviou un helicóptero e unha embarcación e finalmente rescatou ao bañista.

O home foi trasladado en ambulancia, en principio en bo estado, aínda que presentaba síntomas de fatiga polo esforzo.