Rescatan a un can en Poio que se atopaba moribundo nun bulleiral

O animal, presentaba dificultades para camiñar, estaba completamente desnutrido, cego e con feridas e un vulto debaixo da mandíbula
El perro rescatado en Poio. DP
photo_camera El perro rescatado en Poio. DP

A Policía Local de Poio acudía na tarde deste xoves, ao redor das 18.30 horas, ao rescate dun can que se atopaba moribundo nun bulleiral. Os axentes recibiron o aviso dun veciño que informaba que o can estaba en moi malas condicións.

Cando os axentes o localizaron estaba no medio do barro, presentaba dificultades para camiñar, cego, completamente desnutrido e con feridas e un vulto debaixo da mandíbula. O animal, sen chip, foi trasladado ao veterinario de urxencia onde se atopa recuperándose.

O rescate produciuse na parroquia de San Xoán e a Policía busca pistas para determinar se se trata, como parece, dun abandono, que podería ser constitutivo de delito de malos tratos animais, polas condicións nas que se achou o can.

Comentarios