Rexistrado un pequeno terremoto de magnitude 1,7 con epicentro en Vilaboa

O tremor súmase a outros catro sismos que nas últimas horas afectaron á comunidade galega

Terremoto en Vilaboa. DP
photo_camera Terremoto en Vilaboa. DP

Un novo sismo deixouse sentir nas últimas horas na comunidade galega, nesta ocasión con epicentro no municipio pontevedrés de Vilaboa. Segundo a información divulgada polo Instituto Geográfico Nacional, o terremoto tivo lugar á 1:34 da madrugada deste mércores, horal local, e alcanzou unha magnitude de 1,7. Con estes valores, xeralmente os tremores son imperceptibles para a poboación.

Este pequeno sismo súmase aos rexistrados nos últimos días na comunidade galega: dous deles no mar, no Atlántico, nas proximidades do litoral galego —con magnitudes de 3,3 e 2,7 —, outro máis no concello lucense de Taboada (1,5 na escala Richter) e un cuarto na localidade ourensá de Cualedro (2,4).

Comentarios