A rotura dunha tubaxe deixa sen auga a máis de 120 vivendas na Caeira

A empresa responsable da xestión deste servizo comezou os traballos de reparación pola mañá

Trabajos de reparación en A Caeira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA
photo_camera Traballos de reparación na Caeira. JOSÉ LUIZ OUBIÑA

Máis dun cententar de vivendas da Caeira, un dos principais núcleos de San Salvador, quedaron este martes sen abastecemento de auga durante practicamente toda a mañá. Segundo datos facilitados polo Concello, ata 120 inmobles víronse afectados por unha rotura que se produciu na rúa Illa de Tambo. Tal e como explicou o alcalde, Luciano Sobral, a avaría puido terse producido como consecuencia das obras de construción dun inmoble nunha parcela privada. A incidencia non só se deixou notar nesta avenida, senón tamén no Vao de Arriba, As Cachadas, Río Tambre, Illa de Toralla e a Rúa Campañó.

A empresa responsable da xestión deste servizo comezou os traballos de reparación ás dez da mañá. Nun primeiro momento especulábase coa posibilidade de que o abastecemento quedara reestablecido en catro horas. No entanto, veciños de San Salvador aseguraron que non recuperaron o servizo ata ben entrada a tarde. Ademais, denuncarion de que nos últimos meses xa se repetiron situacións similares.

Comentarios