Samieira e Combarro completarán o programa festivo coas súas romarías

Haberá concertos toda a fin de semana
Presentación da Romaría da Renda. DAVID FREIRE
photo_camera Presentación da Romaría da Renda. DAVID FREIRE

Se a festa gastronómica por excelencia de setembro é a Festa da Ameixa, en Poio, o concello do fondo da ría de Pontevedra non descoidará esta fin de semana as súas festas tradicionais, cas romerías populares de Samieira e da Virxe da Renda, en Combarro.

A primeira delas, a Festa das Dores de Samieira, comeza este venres coa súa programación, na que non faltará a música cos grupos Bomba de Canarias e Azabache. A principal novidade desta edición será a Festa da Xuventude, unha cita a desenvolver mañá coa música dos Queimatasas, Tania Veiras, A Banda da Balbina, a discoteca móbil Chocolate e o DJ Marcos Magan. O domingo a partir das 8.00 haberá música tradicional con Soalleira de Dorrón. Tamén estarán Vides Novas, o coro rociero de Andalucía e pechará a festa o dúo Chic.

No caso da celebración de Combarro, a ACDeM Armadiña volve estár á fronte da organización da Romaría na Renda. O evento vaise celebrar o lugar do Xuviño e está pensado para todos os públicos. A xornada comezará co 'Roteiro dos lavadoiros' que partirá ás 10.30 do cruceiro das Mosquiñas, visitarase os lavadoiros da Cela, Redondo e Sidrás.

A festa comezará coa actuación de Cé Orquestra Pantasma ás 12. 00. A sesión vermú dará comezo ás 13. 00 e actuarán as Punkiereteiras. Ás 16.30 abrirase outro espazo dedicado ao xogo tradicional: e ás 17.30 haberá unha sesión de baile tradicional amenizado pola Escola de Música Tradicional de Poio. O grupo de baile da Armadiña bailará unha Muiñeira de Chantada e tampouco faltará o concurso de manteis, no que o mantel máis bonito e a mellor decoración da mesa levarán premio.

Comentarios