miércoles. 26.01.2022 |
El tiempo
miércoles. 26.01.2022
El tiempo

San Marcos presenta un tanatorio pioneiro

El gerente, Juan Perdiz, el chef Pepe Solla y el alcalde, Luciano Sobral, en la carpa habilitada para la inauguración de las nuevas instalaciones del tanatorio en Poio. DAVID FREIRE
O xerente, Juan Perdiz, o chef Pepe Solla e o alcalde, Luciano Sobral, na carpa habilitada para a inauguración das novas instalacións do tanatorio en Poio. DAVID FREIRE
A inauguración das novas instalacións en Poio contou con representantes políticos da provincia e do sector funerario a nivel nacional, nun acto no que tamén participou Pepe Solla

Trátase do tanatorio de Poio, pero podería ser o salón de calquera chalé de alto standig. Así loce a renovación integral das instalacións do centro de Servicios funerarios San Marcos (Lugar Convento, número 1), que foron inauguradas este mércores, con grande afluencia de representantes políticos, así como do sector funerario a nivel nacional e da Igrexa.

O acto, que tivo lugar nunha carpa habilitada para a ocasión, contou coa participación do chef poiense Pepe Solla, quen tamén se encargou do catering e, como "orgulloso veciño de Poio", dirixiu palabras de agarimo aos alí presentes recordando que "calquera mellora que se acada nas infraestruturas, é unha mellora para todos os veciños".

undefinedXunto a Solla, interviñeron tamén o xerente da compañía, Juan Perdiz, e o alcalde de Poio, Luciano Sobral, en senllos discursos que, cun compoñente emotivo, evocaron as etapas históricas polas que pasou o proxecto do tanatorio e a mesma compañía. Perdiz quixo destacar o carácter "familiar" da marca, que fundou o seu avó en 1915, e que cobrou forza no ano 91, proxectada actualmente como "un referente da área de Pontevedra". Cabe destacar que San Marcos conta cun tanatorio en Pontevedra sobre o que "o de Poio segue a mesma liña", e que proxecta outro en Vilaboa.

Pola súa banda, Sobral destacou o carácter humano da compañía e a súa aposta pola renovación dunhas instalacións "que nós entendemos como necesarias". Durante a cita, estiveron tamén presentes, ademais, o alcalde de Cerdedo-Cotobade, Jorge Cubela; o de Vilaboa, César Poza, e representantes de todos os partidos políticos de Poio, así como concelleiros dos diferentes concellos.

INNOVACIÓN. As renovadas instalacións do tanatorio poiense son, tal e como apunta o xerente de San Marcos, pioneiras no sector e á vangarda da innovación, do mesmo xeito que as situadas en Pontevedra. "Somos os pioneiros en ofrecer uns tanatorios totalmente diferentes e distendidos. A xente que vén atopa un lugar que non parece un tanatorio", asegura Perdiz. De feito, destacou o seu carácter de "modernidade e comodidade para as familias", nun modelo que serve de referencia a nivel nacional.

O centro foi obxecto dunha renovación integral coa inclusión de sistemas dixitais e de ventilación, un ascensor e un novo deseño interior

O tanatorio conta con tres salas de velación con espazos diferenciados, zona interior en cada sala e zona de catering privada. Cabe destacar que, ademais do servizo de cafetería de máquinas, cada unha das salas conta coa súa propia máquina de café, así como cunha mini neveira particular. Neste sentido, unha das salas, situada na planta baixa, é un espazo único moi amplo, que integra diferentes ambientes, mentres que nas outras dúas salas, que tamén se comunican interiormente coas zonas de despedida, investiuse do mesmo xeito na comodidade das familias.

undefinedOs espazos comúns son totalmente abertos, con mobiliario composto por cadeiras, sofás e decoración moderna. O deseño deu especial importancia á luz natural, polo que as instalacións contan con cristaleiras amplas. Xunto a iso, a decoración interior, con mobles e elementos decorativos modernos, así como a iluminación ambiente, o novo papel de parede e os tons claros contribúen a xerar un ambiente cálido.

Un dos aspectos máis rechamantes é a dixitalización das instalacións, que agora contan cun sistema de necrolóxicas dixitais, e a posibilidade incorporada de que "calquera persoa poida enviar unha mensaxe á familia vía internet". Ademais, tamén é posible emitir en streaming o proceso, un servizo destinado "ás familias que se encontran lonxe". De feito, esta mesma semana, o tanatorio emitiu un acto para México.

As instalacións contan tamén con dous aseos na planta superior e outros dous no inferior, e unha moderna sala de tanatopraxia.

undefinedADAPTADO. A reforma do tanatorio permitiu adaptalo para facilitar o acceso a persoas con mobilidade reducida. Por este motivo, instalouse un ascensor exterior que permite acceder con facilidade a calquera das dúas plantas.

Por outra banda, incidiuse na "facilidade de ventilación" debido ao contexto xerado pola pandemia, e cambiouse todo o sistema, dotando a todo o edificio de sistemas de aire acondicionado e renovación.

A obra, que estivo activa varios meses, permitiu tamén atallar os problemas de humidades por mor dun regato próximo ás instalacións, xerando un espazo que "pensa nas necesidades das familias".

San Marcos presenta un tanatorio pioneiro
comentarios