Sanidade e o Concello de Campo Lameiro asinan o acordo para a reforma do centro de saúde, que contará con 94.800 euros

As obras inclúen a renovación das cubertas e do soportal e a creación dunha sala para pacientes con covid, entre outras actuacións
undefined
photo_camera O conselleiro de Sanidade e o alcalde de Campo Lameiro durante a firma. GONZALO GARCÍA

O Conselleiro de Sanidade, Julio García Comesaña, e o alcalde de Campo Lameiro, Carlos Costa Domínguez, subscribiron un acordo bilateral no que se recollen as bases para o financiamento das obras de reforma do centro de saúde desta localidade, e que xa é oficial desde o martes, no que se fixo efectiva a firma por ambas as partes.

O investimento do proxecto de mellora ascende a 94.812 euros, segundo concretou a Consellería de Sanidade. Tratarase dunha partida económica que será cofinanciada a partes iguais polo Sergas e o Concello deste municipio.

Pola súa banda, Comesaña agradeceu a "boa disposición" do alcalde para poder asinar este convenio, con tempo "suficiente para que se poida licitar a obra e executarse en prazo". Así,tanto o persoal e como os pacientes do centro de saúde de Campo Lameiro, disporán a partir do próximo ano dunha infraestrutura "mellor e máis confortable", afirma Sanidade.

Comesaña agradeceu a "boa disposición" do alcalde para poder asinar este convenio

OBRAS. As obras, segundo o informe dos técnicos do Sergas que se encargaron de visitar o centro, consisten na renovación das cubertas e do soportal do edificio,e tamén se construirá un novo soportal cuberto no lateral dereito do edificio para posibilitar o acceso dos pacientes desde a ambulancia.

Así mesmo, realizarase unha modificación da rampla de acceso para cumprir con todos aqueles requisitos legais de accesibilidade, segundo detallou Sanidade,

Así mesmo, crearase unha sala destinada á atención de pacientes afectados pola covid-19, xunto coa ampliación e renovación da porta da sala de Urxencias.

Finalmente, a actuación inclúe a renovación da pintura interior, dos azulexos, da instalación eléctrica e dos radiadores. De igual modo, substituirase a carpintería exterior por outra disposta de rotura de ponte térmica e dobre cristal.

Comentarios