Traballos en favor da comunidade para o condutor que sextuplicou a taxa de alcol

Foi denunciado pola Policía Local por un delito contra a seguridade viaria e dar un nivel de alcolemia en sangue de 1,47
Imagen de un control de la Policía Local. DP
photo_camera Imagen de un control de la Policía Local. DP

O veciño de Pontevedra que o pasado 13 de novembro foi denunciado pola Policía Local de Poio por un presunto delito contra a seguridade viaria, logo de provocar cuantiosos danos materiais co seu vehículo e dar un nivel de alcol en sangue de 1,47 (ata seis veces máis do que permite a lei), someteuse esta semana a un xuízo rápido. O infractor foi sentenciado a 50 días de traballo en beneficio da comunidade. Ademais, deberá asumir os custes de reparación do mobiliario urbano que foi danado pola saída de vía, así como os danos provocados no peche dunha vivenda. A contía total supera os 2.000 euros. Tamén se lle privará do carné de conducir durante 16 meses.

O suceso tivo lugar en Pernas Peña, na parroquia de San Salvador. A Policía Local interceptou ao infractor ao comprobar que circulaba con importantes danos no seu vehículo. Por iso, tamén foi denunciado por tratar de fuxir do lugar dos feitos sen dar parte.

Comentarios