domingo. 17.11.2019 |
El tiempo
domingo. 17.11.2019
El tiempo

Eva Solla pide no Parlamento máis persoal para o centro de saúde de Arcade

Centro de Saúde de Arcade. GOOGLE MAPS
Centro de Saúde de Arcade. GOOGLE MAPS
Os veciños demandan a cobertura de baixas e vacacións e un novo médico de familia

A deputada Eva Solla presentou este xoves, na Comisión 5ª, de Sanidade, Política Social e Emprego, unha iniciativa que demandaba o incremento de persoal e axeitada cobertura das baixas e vacacións no Centro de Saúde de Romariz (Soutomaior). A PNL non saíu adiante polos votos en contra dos deputados do PP, que defenderon a xestión da Consellería de Sanidade.

Tras reunirse en Soutomaior con membros da Plataforma SOS Sanidade Arcade, a deputada do Grupo Común da Esquerda abordou no Parlamento a problemática que experimenta a Atención Primaria nesta localidade.

A veciñanza criticaba o ano pasado mediante unha concentración a masificación dos cupos no centro de saúde e demandaba outro médico de familia, outro pediatra e varias prazas máis de enfermería. "Malia esta situación que xa era crítica en Soutomaior, durante o verán pechouse un consultorio para que os profesionais cubrisen vacacións doutros traballadores no Centro de Saúde de Arcade, o cal agravou aínda máis a problemática do centro", sinalou Solla.

"Para que o centro de saúde estea correctamente cuberto, a Xunta debe comprometerse a orzamentar novas prazas no Orzamento de 2020", reclamou a deputada, que tamén denunciou que na resposta por escrito da Xunta, a Consellería de Sanidade indicou que as baixas estaban a ser cubertas "de forma axeitada". "É indecente que a Consellería non asuma a súa responsabilidade e faga como se os problemas non existisen", engadiu.

Eva Solla pide no Parlamento máis persoal para o centro de saúde de...
Comentarios