Sorprendido cun adhesivo falso da ITV tras verse implicado nun accidente en Combarro

A Policía Local de Poio descubriu que carecía do selo da estación na documentación e que levaba un adhesivo falso no cristal 
Un agente con la pegatina de la ITV falsificada. POLICÍA LOCAL DE POIO
photo_camera Un agente con la pegatina de la ITV falsificada. POLICÍA LOCAL DE POIO

Un accidente enCombarro permitiu á Policía Local de Poio descubrir que un dos vehículos implicados tiña a ITV caducada.

O sinistro de tráfico produciuse o 8 de maio e só houbo que lamentar danos materiais tras golpear un dos vehículos ao outro.

Os axentes, tras investigar o accidente, descubriron que un dos coches tiña a ITV caducada. Carecía do selo da estación correspondente na documentación e, no cristal, levaba un adhesivo da ITV en vigor que resultou ser falsa.

O condutor foi denunciado como presunto autor dun delito leve de falsificación documental por uso de distintivo falso. "Concretamente por circular co adhesivo da inspección técnica favorable en suvehículo, cando a posuía caducada, o cal foi posto en coñecemento do xulgado de garda", explica a Policía Local de Poio.