O estado de alarma descobre a dous suxeitos que planeaban un roubo en Poio

A Policía Local tamén identificou á propietaria dunha cafetería ao abrir o seu negocio clandestinamente
Policía Local de Poio.DP
photo_camera Policía Local de Poio.DP

Axentes da Policía Local de Poio identificaron a dúas persoas, ambas con antecedentes policiais, que estaban merodeado varias vivendas deste municipio pontevedrés para roubar nelas durante o período de corentena.

Os axentes, que acudiron tras a chamada dun veciño, confirmaron que estas persoas, que se atopaban na avenida Peirao Bicada, pretendían aproveitar un posible descoido dos habitantes das vivendas para roubar nelas.

Ambas as persoas foron denunciadas ante a Subdelegación do Goberno por incumprir as restricións de movemento decretadas polo estado de alarma polo coronavirus.

A Policía Local tamén identificou á propietaria dunha cafetería de Poio que estaba permitindo a entrada ao seu negocio, de xeito furtivo, a clientes habituais.

Os clientes, dous que no momento da inspección estaban a tomar café dentro do local, entraban por unha porta secundaria a pesar de que a cafetería estaba pechada ao público.

Os axentes denunciaron tamén a un home que se desprazaba en bicicleta pola zona de Lourido e alegou que ía a casa dun amigo e a outra persoa que saíu a dar un paseo, a pesar de ser advertido momentos antes de que non podía facelo.