Trailará, de Adegas do rexurdir, triunfa na Festa do Viño de Barro

O albariño conseguiu o primeiro premio na cata do domingo, Sin Palabras o segundo e Moraima o terceiro
Festa do Viño de Barro. GONZALO GARCÍA
photo_camera Festa do Viño de Barro. GONZALO GARCÍA

O mal tempo non impediu este domingo celebrar o día grande da Festa do Viño de Barro. A xornada comezou coa VIII Xuntanza de Vespas, Lambrettas e motos clásicas, e continuou cunha das citas máis esperadas, a cata de viños. O gran vencedor foi Trailará, de Adegas do rexurdir, que se alzou como o mellor albariño da D.O. Rías Baixas. Seguido del, o viño Sin Palabras, de Adegas Castro Brey, e, no terceiro posto, Moraima, da adega que leva o mesmo nome.

Pero ademais disto, pola mañá houbo tamén unha sardiñada gratuíta e animación popular coa charanga Alambique. A partir dás 15.00 horas, todos os que o reservaron previamente puideron gozar do xantar da Festa do Viño. Deste xeito, a comida e a música convertéronse na combinación perfecta para gozar dun domingo en familia ou con amigos.

MÚSICA. Pero a charanga Alambique non foi a única que puxo este domingo o toque musical en Barro. A programación complementouse pola tarde, a partir dás 20.00 horas, cando chegou a quenda do concerto As nosas voces, unha actuación a cargo de Ana Angueira, Johnny Güimil, Jorge Menéndez, Ana Iglesias e Robert Beade, que estiveron acompañados da Banda Xuvenil de Barro.

O grupo Milladoiro puxo o broche de ouro ás 21.30 horas cun concerto que fixo vibrar a todo o municipio.

Comentarios