Resultan ilesos tras unha colisión entre dous coches na AP-9 en Poio

O accidente tivo lugar pasadas as 17.00 horas

Varias persoas resultaron ilesas tras sufrir un accidente no punto quilométrico 130 da AP-9, dirección Santiago, no concello de Poio.

Pasados uns minutos das 17:00 horas, un particular comunicaba ao 112 Galicia que acababa de ter un accidente. Indicaba que se tratou dun choque por alcance. O mesmo alertante indicaba que estaba moi nervioso e que os coches estaban na beiravía.

Aínda que o implicado aseguraba que ninguén resultara ferido, desde o 112 pasouse aviso, igualmente, ao 061-Urxencias Sanitarias. Tamén se informou aos axentes de Tráfico e da Policía Local e aos membros do GES de Sanxenxo e de Protección Civil da localidade.

Así mesmo, informouse os feitos ao persoal do servizo de mantemento da Autoestrada.