Valongo contará cun novo parque infantil e con máis medidas de seguridade viaria

O plan parroquial do Concello custará 150.000 euros ► A compostaxe chegará o ano que vén

Cubela, reunido con los vecinos de Valongo. CEDIDA
photo_camera Cubela, reunido cos veciños de Valongo. CEDIDA

Unha nova área de lecer infantil, melloras na seguridade dos viarios públicos e actuacións de mantemento da Casa do Pobo e da fonte Portiño do Cobo.

Esas son, a grandes liñas, as novidades que traerá consigo o sexto plan parroquial que impulsará o Concello de Cerdedo-Cotobade, que beneficiará ao núcleo de Valongo.

O presidente municipal, Jorge Cubela, presentou o proxecto aos veciños esta semana, nunha asemblea na que detallou pormenorizadamente as principais actuacións que están previstas para o que resta deste ano e para 2019. O montante total que se destinará ao plan é de 150.000 euros, unha cifra "coa que se pretende dar cumprimento ás demandas dúas veciños e ás necesidades detectadas polo Goberno local", afirmou Cubela, que adiantou que non se trata dunha cantidade pechada, se non que se poderá aumentar en función das modificacións que se fagan no plan.

A este investimento habería que sumar os máis de 70.000 euros que Valongo recibiu no que vai de exercicio, diñeiro que se destinou a mellorar o firme no Quinteiro e en Casanova, ademais do sistema de abastecemento, e á colaboración coa organización e o programa de actividades da 40ª Festa da Filloa.

Entre as actuacións previstas a curto prazo destaca a construción dun parque infantil homologado con xogos variados para os nenos e catro equipos biosaudables, orientados principalmente á terceira idade.

Esta área suporá un investimento de 40.000 euros e será o máis custoso, xunto co proxecto de mellora da seguridade viaria, que contempla a construción de oito badéns en diversos puntos da parroquia, cunha partida de 18.000 euros.

O Goberno local tamén prevé a rehabilitación integral da fonte Portiño do Cobo, con tarefas de limpeza, picado, rejuntado, selado, sinalización, reparación de elementos danados, analíticas de auga e a dotación dunha nova caldeira para a Casa do Pobo.

Finalmente, anunciouse que a parroquia, que recibiu este ano un colector de reciclaxe de aceite doméstico, incorporarase en 2019 ao sistema municipal de compostaxe de residuos.

Durante a reunión que Jorge Cubela mantivo cos veciños, o máximo responsable municipal apuntou aquelas demandas que os habitantes de Valongo fixéronlle chegar para poder incorporalas ao plan parroquial.

Este é o sexto proxecto deste tipo que o municipio desenvolve, logo de deseñar os correspondentes ás parroquias de Tenorio, Carballedo, Almofrei, Augasantas e Viascón.

Comentarios