"Vamos, Poio!", o lema de Moldes para rachar con 27 anos de dominio da esquerda e de Sobral

O candidato non desvelou os piares do seu programa, no que xa adiantara que hai traballando un equipo de cinco persoas
O popular na presentación do 'leit motiv' da súa campaña. DP
photo_camera O popular na presentación do 'leit motiv' da súa campaña. DP

Cando faltan seis meses para que se desenvolvan os comicios municipais, o PP de Poio adianta xa o que será un dos seus eixos de campaña: conseguir a forza suficiente para non quedar "a un puñado de votos" da maioría absoluta que permita gobernar ao candidato, Ángel Moldes. O lema da formación será, precisamente, a frase "Vamos, Poio!" coa que o PP quere levantar os ánimos dos seus seguidores e que, ademais, facendo un exercizo de reconto, suma nove letras "a mesma cifra que a cantidade de concelleiros que necesitamos para gobernar".

O candidato non desvelou os piares do seu programa, no que xa adiantara que hai traballando un equipo de cinco persoas. "Con "Vamos, Poio" aspiramos a transmitir ilusión, unir en positivo e mobilizar a esa gran maioría de veciños que queren un único goberno, unido e centrado en solucionar os problemas reais do concello: O noso único pacto será cos veciños de Poio para traer o cambio e a renovación reais", reafirmou o candidato, que xa conta cun letreiro perfilado do novo lema electoral.

Comentarios