Viernes. 16.11.2018 |
El tiempo
Viernes. 16.11.2018
El tiempo

Unha veciña de Campelo entrega á policía local os 850 euros que atopou na rúa

Obxectos perdidos recibidos pola Policía Local de Poio. CEDIDA
Obxectos perdidos recibidos pola Policía Local de Poio. CEDIDA


A Policía local de Poio conseguiu atopar ao propietario que quixo agradecer á muller o xesto

Unha veciña de Campelo atopou 850 euros a rúa Viña do Crego e entregounos nas dependencias da Policía Local de Poio onde se lle facilitou un xustificante da cantidade entregada e informóuselle de que serían seus se ninguén os reclamaba pasados dous anos. 

obxectos perdidosA muller atopou o diñeiro tirado na rúa, segundo informa a Policía de Poio que, logo de realizar diversas xestións, atopou ao propietario e entregoulle o seu diñeiro. O dono dos 850 euros quixo porse en contacto coa veciña de Campelo para agradecerlle o xesto.

OBXECTOS PERDIDOS. A Policía de Poio recibe obxectos perdidos asiduamente. Desde xaneiro a setembro contan cun total de 350 obxectos perdidos entre os que destacan unha tabler, localizada en Covelo. 

Unha veciña de Campelo entrega á policía local os 850 euros que...
Comentarios